jueves, 27 de septiembre de 2018

Pandereta para nenos en Centro Daigaku

Ainda que en Centro Daigaku xa levamos dende os nosos inicios comprometidos coa música tradicional e todo o que a rodea, impartindo clases de moitos dos instrumentos que arrodean esa nosa tradición, e ainda que tamén levamos dende o principio comprometidos coa formación dos máis cativos, imos a comezar este ano, por primeira vez, con clases impartidas específicamente para rapaces que queiran adentrarse, neste caso, coa pandereta.


As clases estarán orientadas para mozos e mozas dende os 7 ata os 14 anos (cuarta arriba, cuarta abaixo), e serán os martes de 18:00 a 19:00.

As clases terán un custo de 20€ ó mes, e, como xa é tradición na nosa academia, a matrícula é gratuita.

Xa sabedes que podedes apuntar ós vosos rapaces polas canles habituais de contacto: teléfono, e-mail ou pasándovos polo centro.

A petar, a petar!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario