jueves, 27 de septiembre de 2018

Pandereta para nenos en Centro Daigaku

Ainda que en Centro Daigaku xa levamos dende os nosos inicios comprometidos coa música tradicional e todo o que a rodea, impartindo clases de moitos dos instrumentos que arrodean esa nosa tradición, e ainda que tamén levamos dende o principio comprometidos coa formación dos máis cativos, imos a comezar este ano, por primeira vez, con clases impartidas específicamente para rapaces que queiran adentrarse, neste caso, coa pandereta.


As clases estarán orientadas para mozos e mozas dende os 7 ata os 14 anos (cuarta arriba, cuarta abaixo), e serán os martes de 18:00 a 19:00.

As clases terán un custo de 20€ ó mes, e, como xa é tradición na nosa academia, a matrícula é gratuita.

Xa sabedes que podedes apuntar ós vosos rapaces polas canles habituais de contacto: teléfono, e-mail ou pasándovos polo centro.

A petar, a petar!!!

lunes, 10 de septiembre de 2018

Curso de iniciación á Zanfona con Oscar Fernández

Saúdos!

Iniciamos este novo curso xa ben cedo con un cursiño. Vai a estar adicado novamente á ZANFONA, pero vai a ser un curso ben especial, xa que está adicado a xente que nunca tivera contacto co instrumento, ainda que xa sexa músico. 

A idea será un achegamento directo coa zanfona, pero salvando a distancia, a veces complicada, de non ter un instrumento preto de un, xa por non decir propio. Os instrumentos serán proporcionados polo que vai a ser o mestre do curso: OSCAR FERNANDEZ.



O curso celebrarase nas instalacións de Centro Daigaku, na rua Rio Lor 41, o SABADO 29 DE SETEMBRO de 2018, de 10:00 a 14:00 cun prezo de 35€.

É imprescindible a inscripción previa ó curso, tendo como data límite o mércores 26 de setembro por razóns loxísticas. 

A inscripción pódese facer enviando un correo electrónico a centrodaigaku@centrodaigaku.es, e as dúbidas pódense solventar chamando ó Centro ó teléfono 982 873 763 ou ben a Óscar ó 630455781

O cartaz do curso: