Mostrando entradas con la etiqueta Circulo de ukuleles. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Circulo de ukuleles. Mostrar todas las entradas

jueves, 20 de agosto de 2015

Comezo de curso. Novas actividades e novo persoal!!!

Comeza o curso en breve!!!

Dende Centro Daigaku estamos ansiosos por retomar as actividades lectivas, tanto cos alumnos que xa nos acompañaron como coa xente nova que seguro nos acompañará.

Pouco a pouco imos a irvos introducindo e presentando ó persoal que vai a impartir clases no centro durante o curso que comeza, e !!!atención!!!, dentro da web, en breve, estrearemos a sección de actividades non musicais, que, aínda que na web está todavía en construcción, xa levamos un tempo impartindo no noso centro.

Para ir abrindo boca, imos presentando ó novo profesor de corda puslsada: Xurxo Iglesias


Atoparedes o currículum de Xurxo na nosa páxina web aquí: http://centrodaigaku.es/estadas/cv/xurxo

Xurxo impartirá clases de guitarra clásica, española, acústica, eléctrica, mandolina, círculo de ukelele, etc.e, sendo ademáis unha persoa con unha dilatada experiencia no mundo folk, bouzouki e técnicas específicas de folk.

Estade atentos, que seguiremos informando!!!

lunes, 2 de marzo de 2015

Comezamos XA co Círculo de Ukuleles !!!

Mañá martes 3 de Marzo arranca o círculo de ukuleles! 

E abrimos segundo grupo pros que aínda se animen a divertirse namentras aprenden a tocar un instrumento. non son necesarios coñecementos previos, só ganas de pasalo ben.


martes, 23 de septiembre de 2014

Círculo de ukeleles !!!

Si señor. Leeron ben. Ímola armar con este pequeno instrumento, que según os entendidos en realidade se denomina ukulele.

É un instrumento moi divertido de tocar, moi sinxelo de sacarlle partido e, sobre todo, e se cadra máis importante, é ridículamente barato. Aínda que se poden atopar  a partir de uns 20 euros, unha inversión inicial de en torno a 40 ou 50 se fai máis recomendable para ter algo que funcione mínimamente ben. 

Ademáis é un complemento fantástico para xente que se inicia na corda pulsada ou xa se desenvolve niste amplo mundo

A actividade se fará tanto para adultos coma para cativos co seguinte horario:

Adultos: Martes de 20:00 a 21:00

Cativos: Mércores de 19:00 a 20:00

O precio será en consoancia co instrumento: pequeno pero resultón. 20 euros ó mes.

E se se preguntan qué pode dar de si iste instrumento, poñamos dous exemplos:

O primeiro é a versión virtuosa, a cargo de Kalei Gamiao:


O segundo é a versión lúdica, aínda que non menos habilidosa, e ademáis en conxunto. A "Ukulele Orchestra of Great Britain", tocando unha versión de "El bueno, el feo y el malo".