Mostrando entradas con la etiqueta Pilates. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pilates. Mostrar todas las entradas

lunes, 21 de septiembre de 2015

Actividades físicas: Pilates

Comezamos por primeira vez no noso centro con Pilates.

Faránse varios grupos e, ATENCIÓN, tamén haberá para cativos. Estos grupos poñeránse en marcha dependendo de que haxa un mínimo de alumnado. Os grupos serán:

Polas mañás:
     Luns e mércores de 10:00 a 11:00
Polas tardes:
     Martes e xoves de 19:00 a 20:00

E como actividade para nenos, pola tarde:
     Martes e xoves de 17:00 a 18:00




Calquera dúbida que vos xurda poñédevos en contacto con nós!!!

jueves, 11 de junio de 2015

Yoga e Pilates. Novos horarios e novos grupos

Retomando, dentro das nosas disciplinas físicas, as actividades de Yoga e Pilates.

Formamos novos grupos con novos horarios (e, por certo, con novos precios). Ditas horas quedarán como seguen:

Yoga:

Martes e Xoves, pola mañá, de 10:30 a 11:30


Pilates:

Martes e Xoves, pola mañá, de 11:30 a 12:20


E, en principio soamente durante o verán, os meses de xullo, agosto e setembro, haberá tamén a opción de facer Yoga os Mércores e os Venres pola tarde, de 20:00 a 21:00

Poñédevos en contacto con nós para ter máis información. Esperámosvos!!!!


jueves, 22 de enero de 2015

Novas actividades "non necesariamente musicais": Yoga e Pilates

Despois do parón polo Nadal por estes lares, retomamos as nosas novas.

Como xa podedes ver no noso lema, en Centro Daigaku hai o de "Máis que formación musical", e aquí está a primeira das novas actividades coas que que comezamos agora:

Empezamos coas preinscripcións para Yoga e Pilates, que terán os seguintes horarios:

Yoga para adultos: Mércores ás 20:30
                                 Venres ás 9:30

Pilates para adultos: Xoves ás 20:30

E por suposto non nos esquecemos dos nenos:

Yoga para nenos de 8 a 12 anos: Martes ás 17:15

Estas actividades estarán impartidas polos profesionais mestres de Karma Yoga Lugo


Xa sabedes que podedes atopar máis información poñéndovos en contacto con nós polos medios habituais:

Teléfono 982 873 763 ou 618 73 69 72
e-mail: centrodaigaku@centrodaigaku.es

ou pasándovos polo noso centro na rúa río Lor 41