lunes, 23 de noviembre de 2015

Actuacións dos nosos mestres: Jose Varela de xira en Brasil con Segio Tannus

Imos comezar con novas que reflexarán as actividades non docentes dos mestres que desenrolan a súa actividade no Centro.

Como músicos que son, ademáis de dar clase, os mestres forman parte de proxectos musicais, xa sexa de xeito habitual ou como colaboradores. O que hoxe anunciamos é a colaboración do mestre de violín e zanfona Jose Varela co guitarrista Sergio Tannus, que dende fai un tempo xa non pequeno vive en Galicia, e que fai 3 anos sacou ó mercado o disco "Son Brasilego".


Agora vai a facer unha pequena xira de presentación por diversos puntos de Brasil, e para elo conta coa colabroación de Jose Varela, que o acompañará tocando zanfona, e violín, e facendo algún pequeno acompañamento con percusión tradicional galega.

martes, 27 de octubre de 2015

Novo instrumento: Trompa, con Ana Rozas

E temos, por primeira vez, a oportunidade de aprender a tocar a Trompa no noso centro:


A actividade de Trompa estará impartida por Ana Rozas, de quen poderedes atopar información aquí: http://centrodaigaku.es/estadas/cv/ana

Xa sabedes que poderedes resolver calquera dúbida polas canles habituais: presencialmente sen ningún compromiso, por teléfono ou e-mail

miércoles, 21 de octubre de 2015

Novo mestre de Guitarra: Mike Spinelli

Cambios!!!

Debido a motivos laborais, o noso mestre de corda pulsada, Xurxo, non chegou a comezar as clases no noso centro, así que aquí vos vai a presentación do noso novo mestre de guitarra: Mike Spinelli


Atoparedes a info de Mike en http://centrodaigaku.es/estadas/cv/mike

E, coma sempre, calqueira dúbida podédela solucionar chamándonos por teléfono, por e-mail ou pasándovos sen compromiso polas nosas instalacións.

martes, 6 de octubre de 2015

Disciplinas físicas: Bujinkan Budo Tai Jutsu para adultos e nenos

Xa estaba funcionando o ano pasado, e este ano volta: Bujinkan Budo Tai Jutsu.

Pero esta vez trae novedades, xa que se comeza a impartir no noso centro, por primeira vez, tamén para rapaces de ata 14 anos.


Os horarios serán os seguintes:

Adultos: luns e mércores de 20:30 a 22:00 e sábados de 11:30 a 13:00
Rapaces: luns e mércores de 19:30 a 20:30


A info da actividade na nosa web é esta: http://centrodaigaku.es/info/budo


A info dos instructores é a seguinte:

Emilio Díaz: http://centrodaigaku.es/estadas/cv/emilio
Jose Varela: http://centrodaigaku.es/estadas/cv/jose_budo

Calqueira dúbida que vos surxa, xa sabedes que non só podedes, senón que debedes consultala con nos.

viernes, 25 de septiembre de 2015

Mestres e Mestres: Arpa, Con Alba Barreiro.

E chegamos á Arpa. 

Este ano contamos coas inestimables aptitudes interpretativas, docentes e persoais, de Alba Barreiro.


Dispós da info da nosa mestra de arpa aquí: http://centrodaigaku.es/estadas/cv/alba

No caso de que non dispoñas dunha arpa, non será problema: no Centro Daigaku estamos a barallar as seguintes posibilidades.

Unha delas é o estudio no propio centro. No caso de que o desexes, poñemos á túa disposición a arpa da academia para que poidas vir a ensaiar ata 3 horas á semana, en función da dispoñibilidade do instrumento e das aulas. Esta posibilidade de estudio irá incluida dentro da mensualidade que se pagaría pola clase. É decir: ó pagar pola actividade de arpa terás unha hora de clase semanal e ata tres horas de estudio.

A outra opción que se está a barallar é a de alquilar arpas para poder levar á casa e, incluso, que sexa un alquiler con dereito a compra. Esta última opción é un tema que estamos a tratar con luthiers de arpa.

Polo que ves, non hai excusa para non estudiar este fantástico instrumento.

Poñédevos en contacto con nós para calquera dúbida.

lunes, 21 de septiembre de 2015

Actividades físicas: Pilates

Comezamos por primeira vez no noso centro con Pilates.

Faránse varios grupos e, ATENCIÓN, tamén haberá para cativos. Estos grupos poñeránse en marcha dependendo de que haxa un mínimo de alumnado. Os grupos serán:

Polas mañás:
     Luns e mércores de 10:00 a 11:00
Polas tardes:
     Martes e xoves de 19:00 a 20:00

E como actividade para nenos, pola tarde:
     Martes e xoves de 17:00 a 18:00




Calquera dúbida que vos xurda poñédevos en contacto con nós!!!

miércoles, 16 de septiembre de 2015

Presentación de actividades físicas: Tai Chi

Se ben xa comenzou a finais do curso anterior, este novo ano volta a actividade de Tai Chi, da man de Abraham Rivera.


O currículum de Abraham (creédeme que vai moi resumido) está dispoñible aquí: http://centrodaigaku.es/estadas/cv/abraham

As clases están sendo os martes e xoves ás 20:00, e teñen unha duración de unha hora.

E se queredes coñecer a filosofía do estilo, premede http://centrodaigaku.es/info/tai

Xa sabedes cómo poñervos en contacto con nos!!!