viernes, 28 de noviembre de 2014

Ciclo de Harmonía Moderna

Comezamos co ciclo de Harmonía Moderna:

É a evolución da harmonía clásica e a que se emprega hoxe case exclusivamente en tódolos estilos de música actuáis. 

Faremos exercicios e mostras prácticas dende o primeiro momento. Arranxaremos e harmonizaremos os temas que compoñan ou traian os alumnos. Ao mesmo tempo aprenderemos un pouco a arranxar temas de estilos variados (dende folk ata rock, pop…) e mesmo a compoñer os teus primeiros temas

NON son necesarios coñecementos previos de harmonía. Só coñecementos básicos de solfexo. Tódolos músicos de tódolos instrumentos (e voz) son benvidos. As clases son colectivas, pero a correción dos exercicios será personal e individualizada


O horario previsto inicialmente será os XOVES ás 20:00. Caso de que se precise facer máis grupos, ou a demanda esixa outro horario,  mirarase de compatibilizar segundo as demandas.

Tamén existe a posibilidade de clases individuáis se o alumno o precisa.



miércoles, 26 de noviembre de 2014

Novo curso de Daf e Darbuka con Aniol López

Novamente vamos a ter a honra de contar coa boa didáctica e o bo facer do artista Aniol López de Moragas.

Aniol xa estuvo impartido un curso este mismo ano nas cosas instalacións, e voltará para impartir un novo seminario de Daf e Darbuka.



A data será o sábado 13 de decembro de 2014, con un precio de 80 euros por alumno.

Podedes facer as reservas de praza por:
- e-mail na nosa dirección electrónica: centrodaigaku@centrodaigaku.es
- chamando por teléfono ó 982 873 763 ou ó 618 736 972
- pasándovos polo Centro Daigaku

MOI IMPORTANTE:

A data límite para as inscripcións será ata o mércores 11 de decembro. Se nesa data non se cubren un mínimo de prazas o curso non se celebrará.

E para que recordedes o que deu de si o curso anterior, voltamos a deixarvos o vídeo:


lunes, 17 de noviembre de 2014

Organizándose Ciclo de Armonía Moderna

Anunciamos o inicio dun ciclo de clases de Armonía Moderna que estará impartido por Martín Blanes, mestre de corda pulsada no Centro Daigaku.

Todos aqueles interesados neste cursiño xa se poden ir preinscribindo para ir facendo o grupo (ou grupos). 

En breve publicaremos datas de inicio, duración, e temática xa un xeito máis específico.




Animádevos, tanto músicos interesados pero sen experiencia en aranoso armónicos como músicos con formación armónica clásica ou de conservatorio con inquedanzas de experimentar con xeitos distintos de enfocar a Armonía.

miércoles, 5 de noviembre de 2014

Concepto de Fiddle

Para seguir afondando no concepto de fiddle e o que ven sendo, niste caso xa máis centrado na zona peninsular e, en última instancia, en Galicia, remítovos ó texto que aparece na páxina de galiciafiddle.com . Dita páxina é unha referencia básica e moi necesaria para o mundo do fiddle, e describe dun xeito moi preciso a idea coa que se traballa este instrumento en Galicia.

Este texto, así como a página, é de Alfonso Franco, autoridade e referencia xa non só a nivel galego do violín tradicional en Galicia.

QUÉ É UN FIDDLE?

Fiddles
Fiddle é o nome utilizado internacionalmente para definir ao violín usado para interpretar músicas de raíz: tradicional, bluegrass, folk, celta, xitano, etc. A pesar de que se trata do mesmo instrumento, o peculiar modo de interpretar a música popular de cada territorio distíngueo do violín comunmente empregado para interpretar música "culta" e por iso é polo que nos países nos que o violín ten un forte arraigamento na tradición: Irlanda, Noruega, Canada, etc. utilicen as dúas palabras para diferenciar a un tipo de intérprete doutro.

Por pór un exemplo por todos coñecido:"The fiddler on the roof" foi traducido en español como "o violinista no tellado", cando en realidade trátase dun músico de música popular e por iso no título orixinal utilizan fiddle e non violín.

Máis sinxelo do que parece

Na actualidade, decenas de novos violinistas están a incorporarse á escena da música tradicional, e non porque se pasaron dez anos estudando nun conservatorio, senón porque se decataron de que o fiddle é un instrumento moi accesible para aqueles que teñan unhas calidades mínimas de oído e ritmo.

Este instrumento non só serve para tocar a melodía, sinó que é moi importante o seu papel como acompañante, creando harmonía ou sinxelamente facendo ritmo. E nisto é no que se basea o ensino no que creemos en Galicia Fiddle, para facer que cada vez máis e máis persoas de todas as idades saian á rúa cos seus violíns a tocar en festas e furanchos as melodías que aprenderon na clase ou ben simplemente a acompañar aqueloutras que, ou ben son interpretadas demasiado rápido ou descoñecen.

Unha das primeiras cousas que aprenden os estudantes de fiddle é a facer unicamente dous acordes e unha serie de ritmos que aplicarán ás distintas danzas interpretadas polos alumnos máis avanzados. Deste xeito enseguida poden incorporarse nun conxunto instrumental no que o seu papel é tan sinxelo como importante, xa que proporciona á melodía un ritmo sen o cal sería dificilmente bailable.
Florencio dos Vilares

Un pouco de historia recente

Desde uns anos a esta parte, estivemos vendo como o violín tradicional e folk íase facendo un oco aos poucos dentro do panorama musical. Cada vez máis, pódense ver máis grupos que incorporan o violín dentro da súa banda: Sueño de Morfeo, Mago de Oz, Insite, etc.

Galicia contou durante séculos cunha importante tradición violinística baseada nos cegos cantores de coplas, quen co seu violín tanto acompañaban o relato das novidades máis cruentas, como facían bailar a toda unha aldea. Coa creación da ONCE, este oficio foi aos poucos desaparecendo e con el a tradición do violín popular. Afortunadamente quedaron para a posteridade gravacións en audio e vídeo do último dos violinistas tradicionais: “Florencio dos Vilares”, grazas ás cales coñecemos a súa maneira de interpretar a música tradicional.

Nace o Folk

Xusto en en momento en que o último elo da tradición desaparecía, xorde en Galicia un novo estilo musical que levará a música rural ás cidades: a música folk.

Nos anos oitenta, coa aparición deste, xorden un puñado de violinistas quen, integrados en distintos grupos, conseguen que o violín siga presente na nosa música. Coa excepción do disco de Pancho Álvarez dedicado a “Florencio dos Vilares”, nada de especial relevancia terá lugar na última década do sXX.

O renacer do sXXI

Coa chegada de Sondeseu no ano 2001 podemos escoitar por primeira vez a varios violinistas folk tocando xuntos. Isto ten lugar grazas á aposta que o Concello de Vigo fai a través do seu conservatorio de música tradicional, onde primeiro Quim Fariña (Berrogüetto) e máis tarde Alfonso Franco comezan a impartir, por vez primeira en toda a Península, clases de violín folk.

Nos últimos 5 anos a actividade relacionada co violín folk está a crecer de forma exponencial: Begoña Riobó publicou o seu primeiro disco homónimo; na Central Folque de Compostela Gutier Álvarez comezou a dar clases, Tonecho Castelo na Coruña, e en Lugo o “Proxecto Florencio”, dirixido por Germán Díaz rende homenaxe ao “Cego dá Fontaneira”.

En Vigo, un grupo de profesores e alumnos da ETRAD, lograron mediante a autoxestión organizar durante os dous últimos anos nunha pequena aldea chamada Xustáns, unha serie de cursos especializados de violín con algúns dos mellores fiddlers do mundo: entre eles Jany Lang (Hungría), Laura Cortese (Boston), Bruce McGregor (Escocia) ou Scott Hartley (UK). Este ir e vir de grandes mestres está a provocar que cada vez sexa maior o número de violinistas atraídos polos estilos alternativos.

Circuíto nacional

Ademais, a iniciativa deste grupo de fiddlers, asociados baixo o nome de “Asociación cultural GALICIA FIDDLE”, manteñen unha excelente relación cos dous dos máis prestixiosos violinistas alternativos de España: Diego Galaz e Oriol Saña, de Barcelona, e con quen tras o seu paso por terras galegas están a deseñar un circuíto a nivel estatal que lles permita nos próximos anos continuar traendo profesores de tan alto nivel a pesar da dificil situación que o mundo da educación e a cultura está a atravesar.