lunes, 26 de marzo de 2018

Resumo e vídeo do 2º Ciclo "Coñece o teu instrumento"

Como non podía ser de outra maneira, a xornada desenrolada durante os días 25 e 26 de marzo foron fantásticas.

Comezou Anxo Pintos facendo un percorrido polas técnicas de ornamentación que podemos usar cando facemos interpretación de música tradicional, aínda que son recursos que, por suposto, nos permiten achegarnos a calquera outro estilo, xa que están ligadas íntimamente a cómo ten o seu propio e particular xeito de funcionar unha zanfona, que aínda que única posúe características que fan que ditas técnicas estén directamente relacionadas coa ornamentación na gaita, e que de feito foi o propio Anxo quen, no seu momento, desenrolou adaptando tanto repertorio como ornamentación usando de fonte a gaita galega para extrapolalo á zanfona.


Para todo elo usou como excusa de base a Muiñeira de Ourense, e tamén para demostrar que todas as técnicas ornamentísticas non só están ligadas a pezas instrumentísticas, tocouse e cantouse o Alalá de Muxía.


De seguido continuou co ciclo Jaime Rebollo, que truxo o seu bo facer dende Beluso para mostrarnos que ter en bo estado e perfectamente reglado o instrumento non é, nin moito menos complicado. Mostrou dende cousas tan básicas como limpar o instrumento ata cómo facer un reglaxe eficaz para poder tocar en todo o rexistro do instrumento, de abaixo arriba, que ainda que pareza unha perogrullada é un dos cabalos de batalla dun zanfonista, e tendo un instrumento mínimamente ben construido é máis que doado.


Resina, alodóns, espadelas, altura de ponte, cordas, etc, xa non son elementos que ofrezan dúbidas para poder telos controlados e axustados.

Con topdo esto, xa podemos decir que temos a correcta base para tocar e ter cuidado o instrumento, que era o obxectivo distas xornadas, cumpridas con creces!

Agradecemos tanto a Anxo como a Jaime a deferencia de achegarse por Lugo para aportar os seus coñecementos e a súa non menor calidade humana, e por suposto a todos aqueles que se interesaron polo curso e tiveron o detalle de achegarse polo noso Centro.


Achegámosvos, ademáis, un vídeo resumo da xornada. Vémonos na próxima!!!