viernes, 5 de diciembre de 2014

Posposto curso de Daf e Darbuka

Comunicamos que o curso previsto de Daf e Darbuka impartido por Aniol López foi posposto para unha data todavía por concretar.

Descuidade, porque avisaremos para cando poida voltar por terras luguesas para que poidamos desfrutar da sea maestría.

lunes, 1 de diciembre de 2014

Taller de musicoterapia anti-estrés.

Imos comezar cun ciclo de talleres de musicoterapia anti-estrés. Se ben dito estrés pode vir motivado dende fontes moi diversas, nestes talleres tratarase de traballar con técnicas que sexan efectivas á hora de buscar xeitos de relaxarnos a través da música.

Se traballará sobre as seguintes actividades:


  • Improvisación grupal
  • Expresión corporal
  • Autoexpresión e canalización das emocións
  • Desenrolo da creatividade e da espontaneidade
  • Escoita activa musical
  • Improvisación e práctica vocal
  • Actividades de relajación e control da respiración
  • Crecemento persoal
  • Percusión corporal

Estes talleres desenrolaranse de xeito grupal, ainda que, caso de necesitarse, poderase ver a posibilidade de traballar de xeito individual.

O ciclo estará dirigido por Paula Rancaño, que, ademáis de ser profesora no Centro Daigaku de chelo, piano e técnica vocal, é Musicoterapeuta titulada.

Xa sabedes como poñervos en contacto con nos: teléfono, e-mail ou presencialmente.