Van a ser tres bloques diferenciados e traballados de xeito independente, que serán:
LABORATORIO DE TECNICAS ARTISTICAS PARA NENOS: Serán talleres temáticos nos que se ensinarán as dases das diferentes técnicas artísticas dende o debuxo ata o graffiti. Este taller realizarase os VENRES DE 18:00 A 19:00
TALLER DE EXPERIMENTACION ARTISTICA: será un taller para mellorar a creatividade seleccionando e experimentando con materiais, técnicas e procesos artísticos. Será os LUNS e os VENRES DE 19:00 A 20:00
LABORATORIOS DE ILUSTRACION E COMIC: por unha parte, laboratorios dedicados a conocer as técnicas, trucos e recursos para a inspiración visual, e, por outra, talleres de creación de cómic e manga. Este taller impartirase os VENRES as 20:00
Adxuntamos os trípticos nos que se amplía a información de o que é cada un dos talleres e a quén vai dirixido.
Estes talleres estarán impartidos por Cristina Rodríguez, profesional dentro do mundo da pintura con traballos recoñecidos a nivel internacional, que van dende docencia en restauración de pintura no Instituto Europeo del Restauro en Piacenza, Italia, a traballos de conservación de pintura no Museo Napoleonico di Marengo.