lunes, 27 de abril de 2015

Exito do curso de fotografía

Gracias, Martín Blanes.

Gracias por aportarnos as bases técnicas para manexar unha cámara. Por explicarnos ese triángulo de luz. Por explicarnos cómo xogar coa luz para que pasemos de facer fotos a buscar de facer arte. Porque, como bo artista, demostrache que a técnica non é o único que fai dunha foto unha fotaza. Por explicarnos encuadres, peso, gamas de color e todas esas cousas que fan que desexes empezar a tirar fotos ata con un móvil.

Gracias asistentes. 

Facedes que sigamos animándonos non só a querer repetir este curso, senón a que fagamos outros da mesma liña: cursos de iluminanción fotográfica, retrato, viaxe, edición fotográfica e, como suxiren e piden, xa cursos de vídeo.

Seguimos traballando!!!

jueves, 16 de abril de 2015

Cartaz do curso de fotografía

Este é o cartaz do curso de fotografía que estamos a organizar en Centro Daigaku para abril.




Recordámosvos as datas: 25 e 26 de abril.


miércoles, 15 de abril de 2015

Tai Chi en Centro Daigaku

Si. Unha nova disciplina pasa a engrosar o abano de disciplinas físicas en Centro Daigaku, xunto ó Bujinkan Budo Tai Jutsu e o Ioga e o Pilates.




Trátase do Tai Chi. Estará impartido por Abraham Rivera, quen ademáis de posuir un 2º Dan e grado de instructor nesta disciplina ten ademáis grados e unha ampla experiencia en outras disciplinas marciais.



Os días de entrenamento serán os luns e mércores ás 20:00 horas, e comezamos XA en Maio.

Podedes poñervos en contacto con nós polos medios habituais.

lunes, 13 de abril de 2015

Curso de Fotografía en abril en Centro Daigaku

CURSO DE INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA:

Sábado 25 de Abril de 10h a 13:30h e de 16:30h a 20h
Domingo 26 de Abril de 10 a 13:30


Impartido por: Martín Blanes

Neste curso aprenderemos os princípios básicos da fotografía e como entender e usar a nosa cámara. Tamén aprenderemos de forma práctica e con moitos exemplos reais como crear unha boa foto.

Constantemente mostraremos exemplos e faremos demostracións prácticas   (mediante una cámara conectada a un proxector e escenas montadas para os exemplos) 

Obxetivos principais:
- Entender a túa cámara (qué son todos eses botonciños e para qué quero tantos!?)
- Mellorar as nosas fotos e aprender a facer boas fotos con calquera cámara (mesmo ca dun mobil)
- Entender a luz e a composición

Contidos repartidos en 3 sesións de 3 horas (cun café polo medio):

A) a Túa cámara e máis Ti: [sábado 10-13:30]
- partes da cámara
- o triángulo de Exposición: apertura, obturación e ISO
- megapíxeles? (cantos son suficientes? burro grande, ande ou non ande?)
- ruído nas fotos
- profundidade de campo e BOKEH
- modos automáticos e semiautomáticos

B) Composición: (cómo facer unha boa foto) [sábado 16:30-20]
- profundidade de campo: qué é? para qué serve? 
- encadre, enfoque, peso, composición… 
- iluminación 
- cómo crear interese? cómo contar unha historia cas túas fotos? 

C) Tipos de Fotografía e Equipo: [domingo 10-13:30]
- tipos de obxectivos (qué son ises numeriños que teñen?)
- tipos de cámaras. Tamaños de Sensor
- distintas marcas e o mercado actual
- qué cámara é mellor para min?
- exemplos de distintos tipos de fotografía (e equipo necesario): deportes, acción, paisaje, reportaxe, retrato, macro…

Traede as vosas propias cámaras e moita gana de aprender!