jueves, 11 de junio de 2015

Yoga e Pilates. Novos horarios e novos grupos

Retomando, dentro das nosas disciplinas físicas, as actividades de Yoga e Pilates.

Formamos novos grupos con novos horarios (e, por certo, con novos precios). Ditas horas quedarán como seguen:

Yoga:

Martes e Xoves, pola mañá, de 10:30 a 11:30


Pilates:

Martes e Xoves, pola mañá, de 11:30 a 12:20


E, en principio soamente durante o verán, os meses de xullo, agosto e setembro, haberá tamén a opción de facer Yoga os Mércores e os Venres pola tarde, de 20:00 a 21:00

Poñédevos en contacto con nós para ter máis información. Esperámosvos!!!!


lunes, 1 de junio de 2015

Campamentos de verán en Centro Daigaku

Xa chega o verán!!!

E con el as tan necesarias vacacións e o tempo de lecer, pero non por elo temos por qué deixar de seguir aprendendo, e no Centro Daigaku seguimos a facer actividades.

Durante estas datas de Xullo e Agosto, organizamos diversas actividades relacionadas co mundo da música: talleres de creación de instrumentos, audicións, xogos, toma de contacto con instrumentos, e un longo etcétera.

Estará plantexado como un campamento unrbán feito nas nosas propias instalacións, e faráse con grupos segundo as edades.

O horario será polas mañáns, de 10 a 13:30, con unha opción de poder deixar ós rapaces xa dende as 9. o Prezo será de 50 euros por neno e 55 con horario extendido dende as 9 da mañá, e haberá descontos para irmáns ou membros do propio centro.

Animádevos a participar con nós!!!!!




Por suposto, as actividades habituais do noso centro permanecerán en funcionamento según a demanda, e incluso todo aquél que queira matricularse en calquera das nosas actividades existentes poderá facelo.

Podedes poñervos en contacto con nós polos medios habituais!!!!