lunes, 15 de enero de 2018

Taller de iniciación á Autohipnosis en Centro Daigaku



Como moitos de vos xa sabedes, una das inquedanzas dentro das actividades no noso centro é non limitarse só ó estrictamente musical, senón máis ben a disciplinas que teñan que ver cas inquedanzas artísticas da xente.
O taller que se vai a organizar no noso centro pode parecer, a priori, algo que non ten que ver nin coa música nin con ninguna das disciplinas que se imparten nas nosas instalación, pero eso está ben lonxe da realidade que neste caso, nos ocupa: quén non pasou momentos de nerviosismo, máis ou menos controlado, nos instantes previos a un concerto, no caso de un músico, ou, xa enfocando a vida diaria, calqueira situación que nos produce estrés, xa sexa a priori de afrontar una situación, ou con posterioridade, despóis de pasar una situación de nervios.


Todo o exposto anteriormente ten una maneira de afrontarse ou de asumirse con técnicas de autohipnosis, o cal, fora totalmente do espectáculo que, en principio, podemos supoñerlle debido a algúns medio de comunicación, ten una base científica, estudiada e demostrada por profesionais.
E, de feito, por unha profesional da psicoloxía é de quen ven este taller: Marta Rodríguez. O sábado día 27, de 10:00 a 13:30 será quen imparta este taller.

Convén aclarar que este taller está aberto a todo o mundo. Non é un taller exclusivo para mñusicos ou artistas, senón para calqueira persoa interesada en desenrolar esta técnica como ferramenta de uso propio según as súas propias necesidades.

O prezo é de 35€, e podedes facer a inscripción por dúas vías:
-          Contactar con Marta Rodríguez:
o    Tfno. 633 421 884
o    E-mail: marta25@gmail.com
-          Contactar con Centro Daigaku:
o   Tfno. 982 873 763.
o   Presencialmente no centro
Xa que vai a haber prazas limitadas é convinte facer o contacto o antes posible, ainda que, caso de quedar xente fora por cuestión de prazas, se estudiará facer outro curso con posterioridade.