domingo, 13 de diciembre de 2020

Clases de Pito galego en Centro Daigaku




Comezamos unha nova nova andaina no Centro Daigaku, iniciando clases de Pito Galego





Éste é un instrumento que, dende fai un tempo, se lle está dando un pulo pola súa recuperación por parte de xente como Moisés Quintas ou Efraím Díaz (ambos con traballos publicados tanto a nivel bibliográfico musical) e presenta unhas características que o fan interesante dende varios aspectos:

    - Para os intérpretes de gaita galega é un traballo de adaptación directa, xa que a dixitación é, a nivel básico, similar, polo que a súa interpretación se fará dun xeito doado xa dende o inicio.

    - Para a xente que accede a este instrumento directamente, ou que o tomen como estudio per se. O pito galego non é un instrumento que funciona só como elemento de estudio ou acceso á gaita galega (funcionan dun xeito excelente como complementación un do outro), senón  que é un instrumento tan funcional, resolutivo e completo como calqueira outro.

Como exemplo do son do pito, adxuntamos eses exemplos. O primeiro é do grupo lucense Pitanfona:




E este outro por parte do anteriormente citado Moisés Quintas:



As clases serán impartidas por Jesús Villarino, compoñente do dúo Pitanfona, titulado en Grao Profesional de Gaita polo Conservatorio de Fingoi, e con unha moi ampla experiencia na docencia dentro da música tradicional.

Serán os mércores pola tarde, e para a confección de horarios ou grupos de traballo será necesario poñerse en contacto co Centro para anotarse polas canles habituais: e-mail, teléfono ou pasando polo propio centro.

Por suposto se seguirán mantendo os protocolos de seguridade, hixiene e distancia que require o estudio dun instrumento de vento na época que nos tocou vivir, así que non dubidedes en apuntarvos!