Que sí. Non é coña.
Xa avisamos que Centro Daigaku é "Máis que formación Musical".
Engadindo unha nova actividade ó noso departamento de Disciplinas Físicas, xunto ó Yoga e ó Pilates, empezaremos a practicar artes marciais. Niste caso, Bujinkan Budo Tai Jutsu.
Esta actividade estará impartida e coordinada pola Asociación Cultural Bujinkan Kakure Dojo, que leva exercendo a súa actividade dende fai 20 anos (recén feitos, por certo).
Os horarios serán os seguintes:
Cativos de 10 a 14 anos: Luns e Mércores de 19:30 a 20:30
Adultos: Luns e Mércores de 20:30 a 22:00
Podedes atopar información sobre esta asociación na súa páxina web http://www.bujinkankakure.es/
Podedes atopar información sobre esta asociación na súa páxina web http://www.bujinkankakure.es/
No hay comentarios:
Publicar un comentario