viernes, 25 de septiembre de 2015

Mestres e Mestres: Arpa, Con Alba Barreiro.

E chegamos á Arpa. 

Este ano contamos coas inestimables aptitudes interpretativas, docentes e persoais, de Alba Barreiro.


Dispós da info da nosa mestra de arpa aquí: http://centrodaigaku.es/estadas/cv/alba

No caso de que non dispoñas dunha arpa, non será problema: no Centro Daigaku estamos a barallar as seguintes posibilidades.

Unha delas é o estudio no propio centro. No caso de que o desexes, poñemos á túa disposición a arpa da academia para que poidas vir a ensaiar ata 3 horas á semana, en función da dispoñibilidade do instrumento e das aulas. Esta posibilidade de estudio irá incluida dentro da mensualidade que se pagaría pola clase. É decir: ó pagar pola actividade de arpa terás unha hora de clase semanal e ata tres horas de estudio.

A outra opción que se está a barallar é a de alquilar arpas para poder levar á casa e, incluso, que sexa un alquiler con dereito a compra. Esta última opción é un tema que estamos a tratar con luthiers de arpa.

Polo que ves, non hai excusa para non estudiar este fantástico instrumento.

Poñédevos en contacto con nós para calquera dúbida.

lunes, 21 de septiembre de 2015

Actividades físicas: Pilates

Comezamos por primeira vez no noso centro con Pilates.

Faránse varios grupos e, ATENCIÓN, tamén haberá para cativos. Estos grupos poñeránse en marcha dependendo de que haxa un mínimo de alumnado. Os grupos serán:

Polas mañás:
     Luns e mércores de 10:00 a 11:00
Polas tardes:
     Martes e xoves de 19:00 a 20:00

E como actividade para nenos, pola tarde:
     Martes e xoves de 17:00 a 18:00




Calquera dúbida que vos xurda poñédevos en contacto con nós!!!

miércoles, 16 de septiembre de 2015

Presentación de actividades físicas: Tai Chi

Se ben xa comenzou a finais do curso anterior, este novo ano volta a actividade de Tai Chi, da man de Abraham Rivera.


O currículum de Abraham (creédeme que vai moi resumido) está dispoñible aquí: http://centrodaigaku.es/estadas/cv/abraham

As clases están sendo os martes e xoves ás 20:00, e teñen unha duración de unha hora.

E se queredes coñecer a filosofía do estilo, premede http://centrodaigaku.es/info/tai

Xa sabedes cómo poñervos en contacto con nos!!!

martes, 15 de septiembre de 2015

Mestre novo con instrumento novo: Andrés Penabad, mestre de acordeón.

E por fin acadamos un dos instrumentos cos que levabamos moito tempo soñando de poder impartir no noso centro: o acordeón.

Dende terras de As Pontes chega o mestre Andrés Penabad, que impartirá acordeón, en calqueira das súas modalidades: teclado de piano, de botóns ou diatónico.


A info dentro da nosa web está aquí: http://centrodaigaku.es/estadas/cv/andres

Xa está aberta a inscripción para aprender este instrumento, e podedes apuntarvos por calquerira dos medios habituais: presencialmente, por teléfono ou correo electrónico.

Esperámosvos!!!


lunes, 7 de septiembre de 2015

Música e Movemento: grupos e horarios

Hai que facer canteira. E xa non só por interesar ós máis cativos pola música por sí mesma, senón porque é unha actividade que desenrola, entre outras moitas cousas,  a creatividade e a imaxinación a nivel mental, a coordinación a nivel físico e o traballo en grupo a nivel social. 

Por suposto, falamos da actividade de Música e Movemento.


Vanse plantexar ciclos trimestrais de clases, de maneira que se poderán renovar ó acabar o trimestre e xa enlazar co seguinte bloque.
Os bloques trimestrais serán os seguintes:

Outubro, novembro e decembro.
Xaneiro, febreiro e marzo.
Abril, maio e xuño.

Os pagos serán por bloque trimestral, e os grupos faranse por franxas de idade, que serán os seguintes:

Grupo 1: nenos de 5 e 6 anos.
Grupo 2: nenos de 3 e 4 anos.

Os horarios quedarán da seguinte maneira:

Grupo 1: luns e mércores de 16:30 a 17:30
Grupo 2: luns e mércores de 17:30 a 18:30

Para solventar calquera dúbida que vos surxa, xa sabedes que pos podedes pasar polo centro, ou poñervos en contacto con nos polas canles habituais, tanto telefónicas como por internet.

Esperámosvos!!!


jueves, 3 de septiembre de 2015

Máis Mestres: Jose Varela

Jose Varela é, ademáis do director de Centro Daigaku, o mestre de violín clásico, fiddle (violín folk e tradicional), zanfona, percusión galega, iniciación á gaita, música e movemento e orientación musical.



Podedes atopar o resto da info no enlace do Centro: http://centrodaigaku.es/estadas/cv/jose