lunes, 7 de septiembre de 2015

Música e Movemento: grupos e horarios

Hai que facer canteira. E xa non só por interesar ós máis cativos pola música por sí mesma, senón porque é unha actividade que desenrola, entre outras moitas cousas,  a creatividade e a imaxinación a nivel mental, a coordinación a nivel físico e o traballo en grupo a nivel social. 

Por suposto, falamos da actividade de Música e Movemento.


Vanse plantexar ciclos trimestrais de clases, de maneira que se poderán renovar ó acabar o trimestre e xa enlazar co seguinte bloque.
Os bloques trimestrais serán os seguintes:

Outubro, novembro e decembro.
Xaneiro, febreiro e marzo.
Abril, maio e xuño.

Os pagos serán por bloque trimestral, e os grupos faranse por franxas de idade, que serán os seguintes:

Grupo 1: nenos de 5 e 6 anos.
Grupo 2: nenos de 3 e 4 anos.

Os horarios quedarán da seguinte maneira:

Grupo 1: luns e mércores de 16:30 a 17:30
Grupo 2: luns e mércores de 17:30 a 18:30

Para solventar calquera dúbida que vos surxa, xa sabedes que pos podedes pasar polo centro, ou poñervos en contacto con nos polas canles habituais, tanto telefónicas como por internet.

Esperámosvos!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario