lunes, 14 de diciembre de 2015

Actividades dos docentes. Colaboracións na grabación do disco de Efraím Díaz "Pito Galego"

Temos motivos de sentirnos afortunados e honrados. 

Afortunados como músicos, porque fai pouco, o músico lucense Efraím Díaz lanzaba ó mercado o seu disco "Pito Galego", que ven a ser o primeiro traballo íntegro sobre este instrumento feito ata o momento. 

 

E honrados, tamén, por diversos motivos.
Catro mestres do Centro Daigaku tiveron o privilexio de colaborar na grabación de dito CD: Xesús Villarino, mestre de gaita, pito pastoril (e agora tamén requinta) colabora nalgúns temas tocando pito pastoril galego, Pablo Condo, mestre de Bodhran e percusión Irlandesa colabora tocando bodhran, Javier Fernández, a última fichaxe do Centro que amplía o abano de mestres de guitarra, tamén colabora nese mesmo tema coa súa guitarra, e Jose Varela, mestre de violín, zanfona e percusión tradicional tamén colabora en dous temas tocando violín e zanfona.

Engadido a esto podemos decir que para todos os interesados en adquirir un exemplar (ou os que sexan!) de dito CD poderán atopalo no Centro. Cabe sinalar que o Centro non percibe ningún tipo de beneficio económico pola venta de dito CD.

Ademáis de todo isto, o programa "La Agenda Musical de Lugo", presentado por Ayla Armesto Roca, facía unha entrevista a Efraím con motivo do seu lanzamento. Dita grabación foi realizada nas instalacións do noso Centro. Aquí vai dita entrevista.


Dende aquí agradecemos a confianza posta en nós, tanto a Efraím Díaz por contar con nós para a súa grabación (e dende o Centro desexamos o maior dos éxitos para él), e a Ayla Armesto e ó programa La Agenda Musical de Lugo por ter a deferencia de contar cas nosas instalacións para a súa grabación (xa sabes que podes contar con nós para o que queiras).

No hay comentarios:

Publicar un comentario