jueves, 31 de marzo de 2016

Videoclip de Jinetes del Trópico

Como xa saberedes algúns, e esperamos que agora, moitos máis, un dos nosos mestres de guitarra, Mike Spinelli, é membro da formación "Jinetes del Trópico", e fai moi pouco veñen de publicar un videoclip do seu tema "Niños Futuro", incluido no seu traballo "Folerpas"

Tamén dende aquí queremos darlles un pequeno pulo para que non só vexades o videoclip senón que cando poidades vos acheguedes a ver os seus concertos a pouco que teñades oportuniade.

Ahí vai o vídeo:


E, para os que queirades ter máis info do grupo, o enlace da súa páxina web e, en concreto, do seu traballo "Folerpas":



jueves, 3 de marzo de 2016

Presentación do disco "Bipolar" do noso mestre de acordeón, Andrés Penabad.

E xa será o segundo! E non con menos ilusión, de seguro.


O acordeonista Andrés Penabad presenta o seu segundo traballo discográfico, “Bipolar”, un disco pensado para o directo, máis persoal e con máis pouso. Farao cun concerto na súa terra natal, As Pontes, este sábado 5 de Marzo ás 21:00h no Auditorio Municipal Cine Alovi, acompañado pola súa banda habitual e algunha outra sorpresa. O día seguinte, o domingo 6, recunca na Festa do Queixo de Arzúa por volta das 18:00h. Non o perdades! Tedes dúas oportunidades na mesma fin de semana. Non hai escusa!

martes, 1 de marzo de 2016

Curso de técnicas de fiddle e violín folk. Así nos foi.

O primeiro, agradecer á xente que logrou achegarse ó Centro. E decimos logrou porque nos consta que houbo xente que debido á nevada se quedou sen vir. Outros non atoparon problema e puideron vir a tomar contacto coas técnicas de fiddle e violín folk que se celebraron dentro do I Ciclo "Coñece o teu instrumento".


Os asistentes traballaron sobre todo a importancia da rítmica dentro da música tradicional, particularmente dos ritmos da tradición galega. Víronse rítmicas características de muiñeira, foliada, e rumba, e, basándose no traballo rítmico, deu pé a ver unha rítmica que non é tradicional da nosa zona pero sí o é na música tradicional do leste: o sete por oito.


Ademáis do traballo rítmico feito coa mand dereita, que da o traballo de arco, víronse as ornamentacións básicas feitas coa man esquerda, que son adornos que se aplican non só na música tradicional galega, senón que son comúns a maioría da música tradicional de fora das nosas fronteiras, acadando un dos obxectivos do curso: proveer de ferramentas ós músicos para poder achegarse non só ó violín tradicional galego senón a calquerira estilo tradicional feito co violín: cajun, música irlandesa, klezmer, etc.

Contentos por achegar un estilo que non se traballa en conservatorios, pero que se demostrou que non só non contamina ningún outro estilo senón que se poden realimentar mutuamente.

Deixámosvos primeiro unha montaxe coas fotos de este curso, e a continuación voltamos a poñer a montaxe do curso impartido por Jose Catoira.

Quedamos á espera da confirmación dos outros obradoiros dentro deste I Ciclo "Coñece o teu instrumento", no que terán cabida máis instrumentos.




Graciñas a todos por vir!!!