martes, 1 de marzo de 2016

Curso de técnicas de fiddle e violín folk. Así nos foi.

O primeiro, agradecer á xente que logrou achegarse ó Centro. E decimos logrou porque nos consta que houbo xente que debido á nevada se quedou sen vir. Outros non atoparon problema e puideron vir a tomar contacto coas técnicas de fiddle e violín folk que se celebraron dentro do I Ciclo "Coñece o teu instrumento".


Os asistentes traballaron sobre todo a importancia da rítmica dentro da música tradicional, particularmente dos ritmos da tradición galega. Víronse rítmicas características de muiñeira, foliada, e rumba, e, basándose no traballo rítmico, deu pé a ver unha rítmica que non é tradicional da nosa zona pero sí o é na música tradicional do leste: o sete por oito.


Ademáis do traballo rítmico feito coa mand dereita, que da o traballo de arco, víronse as ornamentacións básicas feitas coa man esquerda, que son adornos que se aplican non só na música tradicional galega, senón que son comúns a maioría da música tradicional de fora das nosas fronteiras, acadando un dos obxectivos do curso: proveer de ferramentas ós músicos para poder achegarse non só ó violín tradicional galego senón a calquerira estilo tradicional feito co violín: cajun, música irlandesa, klezmer, etc.

Contentos por achegar un estilo que non se traballa en conservatorios, pero que se demostrou que non só non contamina ningún outro estilo senón que se poden realimentar mutuamente.

Deixámosvos primeiro unha montaxe coas fotos de este curso, e a continuación voltamos a poñer a montaxe do curso impartido por Jose Catoira.

Quedamos á espera da confirmación dos outros obradoiros dentro deste I Ciclo "Coñece o teu instrumento", no que terán cabida máis instrumentos.




Graciñas a todos por vir!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario