lunes, 7 de septiembre de 2020

Retomando actividades. Clases de acordeón.

 E non só volvemos ás clases, senón que volvemos con actividades que levaban tempo sen impartirse, e estamos moi ledos de decir que voltamos coas clases de acordeón en Centro Daigaku.



As clases serán impartidas por Cristina Agruña, quen posúe o Grao Profesional de Acordeón e cursou estudos de Grao Superior en Oviedo. Ademáis é mestra de educación primaria, con mención en Pedagoxía Terapéutica pola Universidad Autónoma de Madrid, e animadora sociocultural.

Como experiencia en grupos, foi membro de Pinchacarneiros, Xílgaros de Lugo ou Jarla da Xingra de Santiago, e a súa experiencia profesional como docente levouna a dar clase porque varios puntos da xeografía galega como Sarria ou Monterroso.

Xa sabedes o que tedes que facer para apuntarvos, e recordarvos que a cultura é segura, e que no noso centro levamos un estricto control das normas hixiénicas e de acceso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario