Comunicámosvos que o vindeiro sábado 21 de xuño terá lugar un curso de confección de pandeiros a cargo de Xosé Maceda, quen xa posúe unha longa experiencia neste tipo de obradoiros (e, por suposto, no mundo da música tradicional).
Farase en principio en horario de mañán, pero debido a que haberá un número máximo de prazas, en caso de excedelas faranse quendas de mañá e de tarde.
Para facer a preinscripción podedes contactar con nós ou ben polo noso enderezo electrónico ou ben por teléfono.
O prezo do curso será de 60€, e inclúe xa o material para facer o teu propio pandeiro, o cal, por suposto, poderás levalo ó finalizar o obradoiro.
Animádevos !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario