Debido ó interese demostrado polo Círculo de Tambores por xente de diversa idade, anunciamos que se abren dúas liñas para esta actividade, unha para cativos de ata 10 anos e outra a partir de esa idade.
Para os nenos, Círculo de Tambores é unha actividade fantástica para comezar a desenrolar o sentido do ritmo, a musicalidade e a coordinación, e, por outra banda, a sociabilidade con outros nenos.
Os anos non son un impedimento, todo o contrario. Apúntate!!!
E en caso de que non teñís instrumento, podemos facilitarte un namentras non te fagas co teu, así que se acabaron as excusas.
Ven ó noso Círculo de Tambores!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario