Si señor. Leeron ben. Ímola armar con este pequeno instrumento, que según os entendidos en realidade se denomina ukulele.
É un instrumento moi divertido de tocar, moi sinxelo de sacarlle partido e, sobre todo, e se cadra máis importante, é ridículamente barato. Aínda que se poden atopar a partir de uns 20 euros, unha inversión inicial de en torno a 40 ou 50 se fai máis recomendable para ter algo que funcione mínimamente ben.
Ademáis é un complemento fantástico para xente que se inicia na corda pulsada ou xa se desenvolve niste amplo mundo
A actividade se fará tanto para adultos coma para cativos co seguinte horario:
Adultos: Martes de 20:00 a 21:00
Cativos: Mércores de 19:00 a 20:00
O precio será en consoancia co instrumento: pequeno pero resultón. 20 euros ó mes.
E se se preguntan qué pode dar de si iste instrumento, poñamos dous exemplos:
O primeiro é a versión virtuosa, a cargo de Kalei Gamiao:
O segundo é a versión lúdica, aínda que non menos habilidosa, e ademáis en conxunto. A "Ukulele Orchestra of Great Britain", tocando unha versión de "El bueno, el feo y el malo".
No hay comentarios:
Publicar un comentario