Xa podes traer a Centro Daigaku ós máis pequenos da casa!!!
Dende este mes, xa está a funcionar a nosa aula de Música e Movemento. Os mércores, en horario de 17:00 a 17:45, os cativos de 4 a 5 anos teñen o seu espazo para desenrolar as súas dotes para a música, traballando a súa psicomotricidade, coordinación, lateralidade e todas esas cousas técnicas que, ó fin e ó cabo, son eses tecnicismos que nos dan a oportunidade de pasalo como ananos cos cativos, e, ademáis, aprendendo os uns dos outros.
E, a partir de Novembro, se abre un segundo grupo, para renos de 2 a 3 anos, tamén os mércores, pero de 18:00 a 18:45.
Non faltedes!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario