Mostrando entradas con la etiqueta luthería. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta luthería. Mostrar todas las entradas

lunes, 26 de marzo de 2018

Resumo e vídeo do 2º Ciclo "Coñece o teu instrumento"

Como non podía ser de outra maneira, a xornada desenrolada durante os días 25 e 26 de marzo foron fantásticas.

Comezou Anxo Pintos facendo un percorrido polas técnicas de ornamentación que podemos usar cando facemos interpretación de música tradicional, aínda que son recursos que, por suposto, nos permiten achegarnos a calquera outro estilo, xa que están ligadas íntimamente a cómo ten o seu propio e particular xeito de funcionar unha zanfona, que aínda que única posúe características que fan que ditas técnicas estén directamente relacionadas coa ornamentación na gaita, e que de feito foi o propio Anxo quen, no seu momento, desenrolou adaptando tanto repertorio como ornamentación usando de fonte a gaita galega para extrapolalo á zanfona.


Para todo elo usou como excusa de base a Muiñeira de Ourense, e tamén para demostrar que todas as técnicas ornamentísticas non só están ligadas a pezas instrumentísticas, tocouse e cantouse o Alalá de Muxía.


De seguido continuou co ciclo Jaime Rebollo, que truxo o seu bo facer dende Beluso para mostrarnos que ter en bo estado e perfectamente reglado o instrumento non é, nin moito menos complicado. Mostrou dende cousas tan básicas como limpar o instrumento ata cómo facer un reglaxe eficaz para poder tocar en todo o rexistro do instrumento, de abaixo arriba, que ainda que pareza unha perogrullada é un dos cabalos de batalla dun zanfonista, e tendo un instrumento mínimamente ben construido é máis que doado.


Resina, alodóns, espadelas, altura de ponte, cordas, etc, xa non son elementos que ofrezan dúbidas para poder telos controlados e axustados.

Con topdo esto, xa podemos decir que temos a correcta base para tocar e ter cuidado o instrumento, que era o obxectivo distas xornadas, cumpridas con creces!

Agradecemos tanto a Anxo como a Jaime a deferencia de achegarse por Lugo para aportar os seus coñecementos e a súa non menor calidade humana, e por suposto a todos aqueles que se interesaron polo curso e tiveron o detalle de achegarse polo noso Centro.


Achegámosvos, ademáis, un vídeo resumo da xornada. Vémonos na próxima!!!


miércoles, 28 de febrero de 2018

II Ciclo "Coñece o teu instrumento": Zanfona

Como xa fixemos noutra ocasión, voltamos a organizar unha xornada máis dos nosos ciclos "Coñece o teu instrumento". Dito curso celebrarase nas propias instalacións de Centro Daigaku, na Rúa Rio Lor 41 Baixo

A finalidade de ditos ciclos consiste nun achegamento ó instrumento dende dúas vertentes: 
A primeira é o coñecemento puramente práctico, isto é, achegarnos a técnicas interpretativas propias e características do instruento, e a segunda, xa non tan habitual, é a de coñecer o instrumento xa como obxeto, tanto dende o punto de vista constructivo como de mantemento ou o axuste propio do instrumento en si.


Nesta ocasión temos o privilexio de contar con dous auténticos referentes dentro do mundo da zanfona nestos dous aspectos xa comentados para impartir estas xornadas:

Anxo Pintos será o encargado de achegarnos á parte interpretativa do instrumento, sendo o tema do seu curso o de "técnicas de ornamentación para repertorio tradicional".



Por outra banda, o luthier Jaime Rebollo será o encargado de impartir técnicas de axuste básicas para zanfona, así como mantemento propio do instrumento.


O prezo do curso é de 25€

Os horarios do curso serán os seguintes:

Sábado 24 de marzo: Recepción de 10:00 a 10:30
                                     Curso pola mañá de 10:30 a 13:30 e de tarde de 16:00 a 19:00 
Domingo 25 de marzo: 10:00 a 13:30.

Recordarvos que é necesaria inscripción previa, e que de non ser así non se garantiza a asistencia ó curso por razóns de espazo. As inscripcións faránse via e-mail en centrodaigaku@centrodaigaku.es

Para máis información podédesvos dirixir ó centro via e-mail no correo anterior, por teléfono no 982 873 763 ou presencialmente na Rua Rio Lor 41 baixo



martes, 1 de marzo de 2016

Curso de técnicas de fiddle e violín folk. Así nos foi.

O primeiro, agradecer á xente que logrou achegarse ó Centro. E decimos logrou porque nos consta que houbo xente que debido á nevada se quedou sen vir. Outros non atoparon problema e puideron vir a tomar contacto coas técnicas de fiddle e violín folk que se celebraron dentro do I Ciclo "Coñece o teu instrumento".


Os asistentes traballaron sobre todo a importancia da rítmica dentro da música tradicional, particularmente dos ritmos da tradición galega. Víronse rítmicas características de muiñeira, foliada, e rumba, e, basándose no traballo rítmico, deu pé a ver unha rítmica que non é tradicional da nosa zona pero sí o é na música tradicional do leste: o sete por oito.


Ademáis do traballo rítmico feito coa mand dereita, que da o traballo de arco, víronse as ornamentacións básicas feitas coa man esquerda, que son adornos que se aplican non só na música tradicional galega, senón que son comúns a maioría da música tradicional de fora das nosas fronteiras, acadando un dos obxectivos do curso: proveer de ferramentas ós músicos para poder achegarse non só ó violín tradicional galego senón a calquerira estilo tradicional feito co violín: cajun, música irlandesa, klezmer, etc.

Contentos por achegar un estilo que non se traballa en conservatorios, pero que se demostrou que non só non contamina ningún outro estilo senón que se poden realimentar mutuamente.

Deixámosvos primeiro unha montaxe coas fotos de este curso, e a continuación voltamos a poñer a montaxe do curso impartido por Jose Catoira.

Quedamos á espera da confirmación dos outros obradoiros dentro deste I Ciclo "Coñece o teu instrumento", no que terán cabida máis instrumentos.




Graciñas a todos por vir!!!

lunes, 22 de febrero de 2016

Jose Catoira en Centro Daigaku.

Gozada. Hai que empezar dicindo o primeiro que penso cando recordo a charla de Jose Catoira sobre luthería de corda frotada no Centro, e a palabra que ven á mente é esa: gozada.




Porque é certo que cando organizas algo tes unhas expectativas de cómo vai a sair. Tes medos de que a xente poida vir, de cómo serás capaz de organizalo, e de cómo responderá o "ponente". 
Sobre este último punto hai que dicir que o medo nese caso era nulo. É máis, había grandes expectativas de cómo iba a facer. Sabemos do bo facer de Jose no eido da luthería, e ademáis da súa máis que pribada bonhomía. Pero é que, ó final, superou con creces as xa altas expectativas: clase maxistral de historia constructiva do violín; xenealoxía dos máis importantes luthiers ata os nosos días, coa súa influencia ata hoxe en día; exemplos constructivos, xa que levou instrumentos feitos ou en proceso de fabricación de él mesmo. E, se xa non é pouco, saciou con creces as non poucas dúbidas a nivel de mantemento que todos lle fixemos alí, un auténtico bombardeo que non se limitou a aclarar puntual e individualmente, senón que soubo englobalas nun marco que aclaraba calquera dúbida relacionada ca dúbida inicial, e, sobre todo, por qué se teñen que facer as cousas tal como se fan.




Unha cousa me quedou, a min polo menos, máis clara aínda que antes. A relación de un músico co seu luthier ten que ser a mesma que ten un deportista co seu fisioterapeuta. Non se debe de ir só cando aparece a lesión: haiu que ir para ir prevendo o que pode aparecer e para que che diga o que tes que facer na casa para non te lesionar por facer mal as cousas.

Mil gracias, Jose Catoira, e un aviso para os próximos luthiers: o listón quedou moi alto. Conste que, coas previsións dos profesionais que no futuro próximo se van a pasar, vai a sr un festival de listóns estratosféricos!!!

Deixámosvos con un vídeo feito de recodo da charla.


Graciñas a todos os que se pasaron polo centro para disfrutar de esta charla. E recordade que o próximo sábado 27 de febreiro se celebra a masterclass de técnicas de fiddle ou violín folk. Esperámosvos!!!


jueves, 11 de febrero de 2016

I Ciclo "Coñece o teu instrumento". En Febreiro: Violín.

Imos a comezar con unha serie de charlas combinadas con cursiños que demos en chamar "Coñece o teu Instrumento", e van a versar sobre varios instrumentos que se irán anunciando a medida que se confirme a súa data.

En qué van a consistir? Sinxelo. Faránse en dúas partes, que se farán en fins de semana distintos:

A primeira correrá a cargo dun artesano ou luthier adicado tanto á súa construcción coma ó seu mantemento. De esta persoa aprenderemos, por unha banda, cómo se constrúe, a saber, o seu proceso detallado de fabricación: qué madeiras se usan e por qué, as técnicas e materiais empregados para facer os seus distintos compoñentes, para qué se colocan en donde van, etc. Por outra, saber cómo e por qué funciona: que partes son as implicadas no seu sonido, qué fai que varíe tanto o timbre coma o volumen, etc. E, finalmente, qué podemos facer nós para ter o instrumento en condicións e mantelo dun xeito correcto.

A segunda parte virá de parte dun instrumentista que dará unha masterclass para explicar os recursos estilísticos propios do instrumento aplicados ó estilo de musica tradicional e folk.

Así que o primeiro instrumento sobre o que se fará dito ciclo será O VIOLÍN, e será levado a cabo polo Luthier Jose Catoira, na parte descriptiva do instrumento, e Jose Varela, da parte de recursos estilísticos.


As datas serán as seguintes:

- Sábado 20 de Febreiro, de 16:00 a 20:00, charla con José Catoira, Luthier, sobre construcción, mantemento, etc.
- Sábado 27 de Febreiro, de 16:00 a 20:00, masterclass con Jose Varela, sobre recursos estilísticos de fiddle ou violín folk. Podedes vir como ouvintes ou alumnos activos

Ambos eventos SON GRATUITOS, e para apuntarvos podedes poñervos en contacto con nós polos medios habituais: e-mail, teléfono ou pasándovos por aquí.

Por certo, neste evento colabora con nós a Asociación Galicia Fiddle