martes, 15 de septiembre de 2015

Mestre novo con instrumento novo: Andrés Penabad, mestre de acordeón.

E por fin acadamos un dos instrumentos cos que levabamos moito tempo soñando de poder impartir no noso centro: o acordeón.

Dende terras de As Pontes chega o mestre Andrés Penabad, que impartirá acordeón, en calqueira das súas modalidades: teclado de piano, de botóns ou diatónico.


A info dentro da nosa web está aquí: http://centrodaigaku.es/estadas/cv/andres

Xa está aberta a inscripción para aprender este instrumento, e podedes apuntarvos por calquerira dos medios habituais: presencialmente, por teléfono ou correo electrónico.

Esperámosvos!!!


lunes, 7 de septiembre de 2015

Música e Movemento: grupos e horarios

Hai que facer canteira. E xa non só por interesar ós máis cativos pola música por sí mesma, senón porque é unha actividade que desenrola, entre outras moitas cousas,  a creatividade e a imaxinación a nivel mental, a coordinación a nivel físico e o traballo en grupo a nivel social. 

Por suposto, falamos da actividade de Música e Movemento.


Vanse plantexar ciclos trimestrais de clases, de maneira que se poderán renovar ó acabar o trimestre e xa enlazar co seguinte bloque.
Os bloques trimestrais serán os seguintes:

Outubro, novembro e decembro.
Xaneiro, febreiro e marzo.
Abril, maio e xuño.

Os pagos serán por bloque trimestral, e os grupos faranse por franxas de idade, que serán os seguintes:

Grupo 1: nenos de 5 e 6 anos.
Grupo 2: nenos de 3 e 4 anos.

Os horarios quedarán da seguinte maneira:

Grupo 1: luns e mércores de 16:30 a 17:30
Grupo 2: luns e mércores de 17:30 a 18:30

Para solventar calquera dúbida que vos surxa, xa sabedes que pos podedes pasar polo centro, ou poñervos en contacto con nos polas canles habituais, tanto telefónicas como por internet.

Esperámosvos!!!


jueves, 3 de septiembre de 2015

Máis Mestres: Jose Varela

Jose Varela é, ademáis do director de Centro Daigaku, o mestre de violín clásico, fiddle (violín folk e tradicional), zanfona, percusión galega, iniciación á gaita, música e movemento e orientación musical.



Podedes atopar o resto da info no enlace do Centro: http://centrodaigaku.es/estadas/cv/jose


lunes, 31 de agosto de 2015

Máis Mestres: Jesús Villarino

Seguimos, que non paramos. Dentro da música tradicional e folk, temos ó Mestre Jesús Villarino, que será o encargado de dar clases de Pito Pastoril Galego e perfeccionamento de Gaita Galega.




As clases poderedes facelas en modalidade individual ou colectiva, e sempre dependendo dos grupos que se vaian creando segundo a demanda.

Podedes atopar o seu curriculum aquí: http://centrodaigaku.es/estadas/cv/jesus


miércoles, 26 de agosto de 2015

Seguimos cos nosos mestres: Paula Rancaño

Paula Rancaño é a nosa mestra de chelo, piano, canto e técnica vocal, así como a encargada de dirixir as actividades relacionadas coa musicoterapia.


Podedes atopar a información aquí: http://centrodaigaku.es/estadas/cv/paula

jueves, 20 de agosto de 2015

Comezo de curso. Novas actividades e novo persoal!!!

Comeza o curso en breve!!!

Dende Centro Daigaku estamos ansiosos por retomar as actividades lectivas, tanto cos alumnos que xa nos acompañaron como coa xente nova que seguro nos acompañará.

Pouco a pouco imos a irvos introducindo e presentando ó persoal que vai a impartir clases no centro durante o curso que comeza, e !!!atención!!!, dentro da web, en breve, estrearemos a sección de actividades non musicais, que, aínda que na web está todavía en construcción, xa levamos un tempo impartindo no noso centro.

Para ir abrindo boca, imos presentando ó novo profesor de corda puslsada: Xurxo Iglesias


Atoparedes o currículum de Xurxo na nosa páxina web aquí: http://centrodaigaku.es/estadas/cv/xurxo

Xurxo impartirá clases de guitarra clásica, española, acústica, eléctrica, mandolina, círculo de ukelele, etc.e, sendo ademáis unha persoa con unha dilatada experiencia no mundo folk, bouzouki e técnicas específicas de folk.

Estade atentos, que seguiremos informando!!!

miércoles, 8 de julio de 2015

Taller de Autohipnosis y Relajación en Centro Daigaku

TALLER DE AUTOHIPNOSIS Y RELAJACIÓN 


¿Te gustaría aprender técnicas sencillas, eficaces y agradables para manejar la ansiedad?



Los días 20 y 22 de julio la psicóloga Marta Rodríguez, quien posee un Máster en Hipnosis Clínica, estará impartiendo un taller práctico en el que se aprenderá a hacer autoinducciones hipnóticas, ejercitar las respiraciones y la relajación muscular, técnicas sencillas de visualización, autosugestiones hipnóticas o el uso de los ritmos ultradianos para favorecer la relajación diaria. Al terminar, dispondrás de una serie de herramientas nuevas para practicar regularmente y poder generar y mantener estados de equilibrio y serenidad en tu día a día.



El horario será, los citados días 20 y 22 de julio, de 10 de la mañana a 12, y tendrá un precio de 50€.

Puedes realizar las inscripciones en el propio centro o bien por los canales de contacto habituales: teléfono o correo electrónico.