Como xa sabedes, o pasado sía 9 de abril fíxose nas nosas instalacións do Centro Daigaku a presentación do Cd de Efraím Díaz "Pito Galego".
Na presentación tamén estiveron presentes algúns dos colaboradores que puxeron o seu gran de area na elaboración (musical) de dito traballo, como Jesús Villarino, que ademáis de aportar algún tema propio tocou tamén o pito pastoril, Francisco Vilas que, ademáis do pito pastoril tamén se arrancou con bombo, e Jose Varela, coaa zanfona, violín e tamboril.
Adxuntámosvos unha videomontaxe de dita presentación, que esperamos que vos guste.
O próximo sábado 9 de abril, ás 17:00, teremos nas nosas instalacións a honra de ter ó músico Efraím Díaz facendo a presentación do seu Cd "Pito Galego".
Efraím está inmerso na actualidade nunha xira de presentación de este o seu último traballo, e xapasou por outras cidades, ademáis de Lugo, como Ourense, Vigo, Santiago, O Barqueiro, Ferrol, etc.
Éste é o primeriro traballo editado íntegro para pito pastoril galego dende fai máis de trinta anos, e nel se poderán atopar pezas interpretadas, tanto a nivel solista, como acompañado de outros pitos pastoriles ou outros instrumentos, como violín, zanfona, guitarra, percusión, etc, mostrando a amplitude de estilos que pode abranguer o citado instrumento.
Effraím Díaz falará de todo isto e de moitas cousas máis en dita presentación.
Como xa saberedes algúns, e esperamos que agora, moitos máis, un dos nosos mestres de guitarra, Mike Spinelli, é membro da formación "Jinetes del Trópico", e fai moi pouco veñen de publicar un videoclip do seu tema "Niños Futuro", incluido no seu traballo "Folerpas"
Tamén dende aquí queremos darlles un pequeno pulo para que non só vexades o videoclip senón que cando poidades vos acheguedes a ver os seus concertos a pouco que teñades oportuniade.
Ahí vai o vídeo:
E, para os que queirades ter máis info do grupo, o enlace da súa páxina web e, en concreto, do seu traballo "Folerpas":
E xa será o segundo! E non con menos ilusión, de seguro.
O
acordeonista Andrés Penabad presenta o seu segundo traballo
discográfico, “Bipolar”, un disco pensado para o directo, máis persoal e
con máis pouso. Farao cun concerto na súa terra natal, As Pontes, este
sábado 5 de Marzo ás 21:00h no Auditorio Municipal Cine Alovi,
acompañado pola súa banda habitual e algunha outra sorpresa. O día
seguinte, o domingo 6, recunca na Festa do Queixo de Arzúa por volta das
18:00h. Non o perdades! Tedes dúas oportunidades na mesma fin de
semana. Non hai escusa!
O primeiro, agradecer á xente que logrou achegarse ó Centro. E decimos logrou porque nos consta que houbo xente que debido á nevada se quedou sen vir. Outros non atoparon problema e puideron vir a tomar contacto coas técnicas de fiddle e violín folk que se celebraron dentro do I Ciclo "Coñece o teu instrumento".
Os asistentes traballaron sobre todo a importancia da rítmica dentro da música tradicional, particularmente dos ritmos da tradición galega. Víronse rítmicas características de muiñeira, foliada, e rumba, e, basándose no traballo rítmico, deu pé a ver unha rítmica que non é tradicional da nosa zona pero sí o é na música tradicional do leste: o sete por oito.
Ademáis do traballo rítmico feito coa mand dereita, que da o traballo de arco, víronse as ornamentacións básicas feitas coa man esquerda, que son adornos que se aplican non só na música tradicional galega, senón que son comúns a maioría da música tradicional de fora das nosas fronteiras, acadando un dos obxectivos do curso: proveer de ferramentas ós músicos para poder achegarse non só ó violín tradicional galego senón a calquerira estilo tradicional feito co violín: cajun, música irlandesa, klezmer, etc.
Contentos por achegar un estilo que non se traballa en conservatorios, pero que se demostrou que non só non contamina ningún outro estilo senón que se poden realimentar mutuamente.
Deixámosvos primeiro unha montaxe coas fotos de este curso, e a continuación voltamos a poñer a montaxe do curso impartido por Jose Catoira.
Quedamos á espera da confirmación dos outros obradoiros dentro deste I Ciclo "Coñece o teu instrumento", no que terán cabida máis instrumentos.
Gozada. Hai que empezar dicindo o primeiro que penso cando recordo a charla de Jose Catoira sobre luthería de corda frotada no Centro, e a palabra que ven á mente é esa: gozada.
Porque é certo que cando organizas algo tes unhas expectativas de cómo vai a sair. Tes medos de que a xente poida vir, de cómo serás capaz de organizalo, e de cómo responderá o "ponente".
Sobre este último punto hai que dicir que o medo nese caso era nulo. É máis, había grandes expectativas de cómo iba a facer. Sabemos do bo facer de Jose no eido da luthería, e ademáis da súa máis que pribada bonhomía. Pero é que, ó final, superou con creces as xa altas expectativas: clase maxistral de historia constructiva do violín; xenealoxía dos máis importantes luthiers ata os nosos días, coa súa influencia ata hoxe en día; exemplos constructivos, xa que levou instrumentos feitos ou en proceso de fabricación de él mesmo. E, se xa non é pouco, saciou con creces as non poucas dúbidas a nivel de mantemento que todos lle fixemos alí, un auténtico bombardeo que non se limitou a aclarar puntual e individualmente, senón que soubo englobalas nun marco que aclaraba calquera dúbida relacionada ca dúbida inicial, e, sobre todo, por qué se teñen que facer as cousas tal como se fan.
Unha cousa me quedou, a min polo menos, máis clara aínda que antes. A relación de un músico co seu luthier ten que ser a mesma que ten un deportista co seu fisioterapeuta. Non se debe de ir só cando aparece a lesión: haiu que ir para ir prevendo o que pode aparecer e para que che diga o que tes que facer na casa para non te lesionar por facer mal as cousas.
Mil gracias, Jose Catoira, e un aviso para os próximos luthiers: o listón quedou moi alto. Conste que, coas previsións dos profesionais que no futuro próximo se van a pasar, vai a sr un festival de listóns estratosféricos!!!
Deixámosvos con un vídeo feito de recodo da charla.
Graciñas a todos os que se pasaron polo centro para disfrutar de esta charla. E recordade que o próximo sábado 27 de febreiro se celebra a masterclass de técnicas de fiddle ou violín folk. Esperámosvos!!!
Comunicámosvos que, debido a reaxustes de horarios, as clases de Budo Tai jutsu de adultos dos mércores pasan a ser os VENRES, manténdose o horario de 20:30 a 22:00.
Quedan, polo tanto, do seguinte xeito:
Clases de Adultos:
Luns e Venres de 20:30 a 22:00 e Sábados de 11:30 a 13:00
Clases Infantís
Luns e Mércores de 19:30 a 20: 30
Podedes atopar información tamén na páxina da Asociación Cultural Bujinkan Dojo, que é a que desempeña a súa actividade no noso centro no seguinte enlace: