CURSO DE INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA:
Sábado 25 de Abril de 10h a 13:30h e de 16:30h a 20h
Domingo 26 de Abril de 10 a 13:30
Impartido por: Martín Blanes
Neste curso aprenderemos os princípios básicos da fotografía e como entender e usar a nosa cámara. Tamén aprenderemos de forma práctica e con moitos exemplos reais como crear unha boa foto.
Constantemente mostraremos exemplos e faremos demostracións prácticas (mediante una cámara conectada a un proxector e escenas montadas para os exemplos)
Obxetivos principais:
- Entender a túa cámara (qué son todos eses botonciños e para qué quero tantos!?)
- Mellorar as nosas fotos e aprender a facer boas fotos con calquera cámara (mesmo ca dun mobil)
- Entender a luz e a composición
Contidos repartidos en 3 sesións de 3 horas (cun café polo medio):
A) a Túa cámara e máis Ti: [sábado 10-13:30]
- partes da cámara
- o triángulo de Exposición: apertura, obturación e ISO
- megapíxeles? (cantos son suficientes? burro grande, ande ou non ande?)
- ruído nas fotos
- profundidade de campo e BOKEH
- modos automáticos e semiautomáticos
B) Composición: (cómo facer unha boa foto) [sábado 16:30-20]
- profundidade de campo: qué é? para qué serve?
- encadre, enfoque, peso, composición…
- iluminación
- cómo crear interese? cómo contar unha historia cas túas fotos?
C) Tipos de Fotografía e Equipo: [domingo 10-13:30]
- tipos de obxectivos (qué son ises numeriños que teñen?)
- tipos de cámaras. Tamaños de Sensor
- distintas marcas e o mercado actual
- qué cámara é mellor para min?
- exemplos de distintos tipos de fotografía (e equipo necesario): deportes, acción, paisaje, reportaxe, retrato, macro…
Traede as vosas propias cámaras e moita gana de aprender!